A cidade ocupa un emprazamento peninsular dentro da ría que leva o seu nome, a Ría de Ferrol. O concello limita ó norte e oeste co Océano Atlántico, ó sur coa ría e ó leste con Narón formando parte do Golfo Ártabro. Parte das súas parroquias sitúanse nunha zona esquistosa no val de Trasancos, cun relevo de formas suaves. Cómpre facer mención dos espléndidos areais cos que conta a cidade, como Doniños, San Xurxo, Covas, Esmelle,... no litoral de Doniños pódese atopar unha particularidade morfolóxica, que é a lagoa litoral, paraxe natural de grande interese. Tamén podemos atopar unha moi grande afección polo surf e polo bodiboar.
[editar] Clima
Dende o punto de vista do clima, Ferrol correspóndese co clima oceánico, choivas abundantes no outono e inverno e veráns pouco soleados, destacando as típicas néboas costeiras no verán.[editar] Historia
O territorio deste concello foi bastante poboado na etapa anterior á romanización na que historicamente poden recoñecerse algúns asentamentos castrexos en Ferrol vello.O topónimo Ferrol vincúlase á súa orixe antropolóxica Ferreolus.
Na Idade Media a cidade ou vila de Ferrol gozou dalgúns foros e privilexios ata que comezou a pertencer xurisdicionalmente á Casa de Andrade.
Durante o ataque de Drake á cidade da Coruña en 1589, Ferrol serviu como porto de abrigo e reparación á flota marítima.
Ferrol desempeñou, e desempeña, un papel importante na historia de Galicia e España e nas que foron as súas posesións de Ultramar, papel que lle concedeu a súa posición de ser o porto militar máis importante da península durante séculos. No Ferrol sucedéronse numerosas batallas navais e ata algún desembarco promovido polos exércitos ingleses que ansiaban capturar "o mellor porto natural da costa atlántica de Europa" (así o cualificaron os almirantes británicos) e un enclave estratéxico sen igual en España.
A referencia máis antiga que se coñece do Ferrol data do século I, no que o historiador romano Pomponio Mela, ao describir o Magnus Portus Artabrorum, desígnaa co nome de Adobrica. Con todo, hai quen afirma que a fundaron os normandos cara o século X. Será no século XI, cando apareza por primeira vez o nome de Sancto Iuliano de Ferrol nun documento histórico.
Vista do Castelo de San Felipe
A alianza con Gran Bretaña durante a Guerra da Independencia precipitou o fracaso da economía da cidade e, durante o reinado de Fernando VII, o Ferrol chegou a converterse nunha cidade en declive, perdendo o seu título de capital. Con todo, floreceron novas actividades, durante a administración do Marqués de Molina, Ministro de Asuntos Navais a mediados do século XIX.
En Ferrol produciuse a botadura do primeiro barco a vapor de España en 1858, en 1881 do primeiro barco con casco de ferro e en 1912 a do primeiro acoirazado (Acoirazado España), asistido polo rei Afonso XIII.
O estourido da Guerra Civil (1936-1939) significou que os estaleiros, talleres, fundicións e dársenas do Ferrol fosen tomados baixo o control do Estado e completamente nacionalizados en 1945 baixo o nome de Bazán, máis tarde renomeado como IZAR e dende xaneiro de 2005 como Navantia.
Durante a ditadura franquista, o ditador, que nacera nesta cidade, renomeouna en 1938 como El Ferrol del Caudillo, nome que conservou ata 1982, cando o concello democrático o cambiou polo actual, Ferrol.
O remate da ditadura e a chegada da democracia en 1978 non axudou a mellorar a súa situación económica. Dende 1982 a cidade enfrontouse a numerosos problemas debido ao declinar do sector naval e o translado da Flota da Armada á localidade andaluza de Rota. O principio do novo milenio con todo, foi en xeral un tempo de esperanza ante unha inminente expansión económica.
O remate da autoestrada AP-9 entre Fene e Ferrol en 2003 permitiu a total conexión da cidade coa fachada atlántica galega. Ademais, a posta en marcha do porto exterior e de novas infraestructuras de comunicación e de apoio industrial sustentan esa esperanza de recuperación socioeconómica.
Lugares de interese
Aínda que Ferrol non conta con grandes monumentos ten unha diversidade arquitectónica de grande interese:
Complexo construído en 1751 que marcou a vida e crecemento da cidade nos últimos séculos.
Os Arsenais Militares de Ferrol son un dos mellores exemplos de arquitectura civil e naval do Estado. Están formados por un recinto amurallado dividido en varias zonas: os Estaleiros, os Diques e o Parque. No seu interior, merecen especial mención, ademais da Porta do Dique, a Porta do Parque, a Sá de Armas, o Dique e o Edificio das Ferrerías.
A Porta do Arsenal, coñecida tamén como Porta do Dique e un dos símbolos da cidade, foi levantada polo enxeñeiro Julián Sánchez Bort no século XVIII con fronte cara á actual Praza de Galicia, que tamén acolle hoxe o Monumento aos Caidos en África, a sé de Correos e o Teatro Jofre. Trátase dunha torre de planta cadrada rematada por unha cúpula semiesférica con lanterna de ferro forxado. O seu arco triunfal, sobre o que se sitúa o escudo real de Carlos III, está flanqueado por dúas columnas toscanas.
O Museo Naval atópase instalado no antigo edificio do penal de San Campio, no interior do Arsenal Militar. Nas súas salas expóñense utensilios e obxectos relacionados co mar, a navegación e os barcos; restos de buques, planos, maquetas, armamento ou cartografía.
Unha das fortalezas máis importantes da ría de Ferrol. No ano 1589 comézase a construción do castelo auspiciada por Filipe II, do que toma o seu nome, e é entre os anos 1731 e 1755 sofre unha serie de reformas.
É unha fortificación militar, na súa maioría de estilo neoclásico, sita na bocana norte da ría de Ferrol, fronte ao Castelo da Palma, xa no concello de Mugardos, e un dos puntos máis estratéxicos da ría. É un dos exemplos máis representativos de fortalezas do século XVIII utilizadas para a defensa da poboación e de toda a ría.
Exemplo singular do racional urbanismo da época da Ilustración, en tempos de Carlos III, compondo un sistema simétrico e racionalista que se articula ao redor das prazas de Armas e Amboage. Nas súas rúas aínda se conservan unha serie de vivendas orixinais do século XVIII, dotadas de grandes balcóns con reixas de ferro forxado colocadas sobre ménsulas pétreas e de rechamantes galerías de madeira acristalada, pintadas en branco, moitas delas incorporadas xa durante o século XIX. Desta forma as longas e rectas rúas do centro histórico da cidade ven realzadas por un conxunto de variados miradoiros dunha gran beleza de formas. Segue a destacar hoxe non só pola súa forma senón polas construcións modernistas que alí se fixeron, coma por exemplo o Teatro Jofre na praza de Galicia, o Casino Ferrolán, o Hotel Suízo cos seus destacados balcóns de ferro forxado ou o Banco Simeón, coas súas airosas e delicadas galerías. Cabe destacar tamén os seus xardíns, a concatedral e a Fonte de San Roque, que alberga na súa pétrea fachada o escudo heráldico máis antigo da cidade, co nome de Ferrol.
Templo proxectado polo arquitecto académico Julián Sánchez Bort, a partir do ano 1763, para a nova barriada que se levantaba na cidade de Ferrol. Na súa planta centrada e nos primeiros proxectos, recollíanse conceptos arquitectónicos renacentistas, aínda que o edificio considérase neoclásico. Ten planta de cruz grega, cuberta cunha gran cúpula, que non se deixa ver ao exterior. Ten capelas laterais e unha fachada principal flanqueada por dúas torres rematadas por cúpulas. A portada repite modelos compositivos propios do manierismo.
É o monumento relixioso máis importante da cidade. Foi levantada sobre os restos dunha antiga igrexa románica. No ano 1959, obtivo o título de Concatedral, pertencente á Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
- Igrexa de San Francisco
- O Cantón de Molíns e a Alameda de Suances
- Parque municipal Raíña Sofía
A zona didáctica amosa a través de xogos, maquetas ou paneis a importancia da auga na vida humana, a súa enerxía e os seus principios dinámicos.
- Praia e lagoa de Doniños
- Ermida de Santa Comba
- Baluarte de San Xoán
Núcleo onde orixinouse a actual poboación a principios do século XIII. Ten o seu punto neurálxico na Praza Vella. Nesta praza atópanse vivendas dunha soa altura e baranda de madeira. Fronte a ela, atópanse a Sá de Armas do Arsenal Militar (antigo Cuartel de Instrución de Mariñeiría e os xardíns nos que aséntase a Fonte da Fama.
En toda a súa contorna destacan construcións de arquitectura popular mariñeira, con cristaleiras e rúas empedradas, estreitas e irregulares. Na actualidade, conserva unha estrutura compacta e orientada cara ao porto, aínda que atópase nun adiantado estado de deterioración.
- Igrexa de Nosa Señora do Socorro
- Xardíns de Herrera
Conta cun miradoiro, dende onde se obteñen unhas das mellores vistas da ría de Ferrol e do Arsenal Militar.
- Capela de Nosa Señora das Dores
- Museo da Natureza
- Centro Cultural Torrente Ballester
- Teatro Jofre
- Barrio de Esteiro
- Ermida de Chamorro
Nas súas inmediacións, realízase todos os anos, o Luns de Pascua, unha popular romaría na que milleiros de fieis soben a pé á ermida para pregar á Virxe de Chamorro. O lugar conta cunhas fantásticas panorámicas da cidade de Ferrol e de toda a súa ría.
- Cabo Prior
[editar] Comunicacións
[editar] Estradas
A autoestrada AP-9, principal vía de acceso á cidade, conecta Ferrol coas cidades galegas do eixe atlántico: A Coruña (55km), Santiago (90km), Pontevedra, Vigo e Tui, xa na fronteira con Portugal. A autoestrada A-6, accesíbel mediante a AP-9 a 10km ó sur da cidade, conecta Ferrol coa Coruña, Lugo e Madrid.Por outra parte, a autovía AG-64 conectará a cidade con Vilalba, cando rematen as obras nos tramos próximos á cidade vilalbesa. Alí conectará coa A-8, tamén en construción, que percorre todo o Cantábrico ata San Sebastián.
[editar] Comunicación Aéreas
O Aeroporto de Alvedro (A Coruña), a 41km de Ferrol pola autoestrada AP-9, conecta Ferrol coas principais cidades españolas e algunhas europeas.O Aeroporto da Lavacolla (Santiago de Compostela), a 90 km de Ferrol pola autoestrada AP-9, conecta Ferrol coas principais cidades españolas e algunhas europeas e americanas.
[editar] Ferrocarrís
Ferrol conta cunha estación de ferrocarril que conecta a cidade co resto da comunidade autónoma e o país. Renfe esta a estuda-la creación duna liña de proximidades que una a cidade de Ferrol con A Coruña sen paradas intermedias. [3][editar] Festas e tradicións
- Romaría da Virxe de Chamorro, celebrada no luns de Pascua.
- Festas de San Xiao, o 7 de xaneiro, patrón da cidade.
- Festas da cidade, en agosto, rematando o día de San Ramón cunha homenaxe a Ramón Plá, o que fora "Marqués de Amboage".
- Procesión de Corpus Christi, que percorre algunhas das rúas da cidade.
- A Semana Santa Ferrolá, un dos acontecementos máis sinalados do ano, xuntando unha gran morea de turistas e declarada de interese nacional.
- Feira de Mostras, punto de referencia para a cidade.
[editar] Deporte
En fútbol, o equipo máis destacado é o Racing de Ferrol, actualmente na terceira división. Xoga os seus partidos no Estadio Municipal da Malata.En baloncesto, o OAR Ferrol (fundado en 1951 e desaparecido en 1996) xogou varios anos na ACB. O Polideportivo da Malata acolleu os partidos do grupo B do campionato mundial de baloncesto de 1986.
En waterpolo destaca o Club Marina Ferrol.
[editar] Cidades irmandadas
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ferrol.
- Mugardos e Ferrol
No hay comentarios:
Publicar un comentario