Xeografía
Está rodeado pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros curso fluviais do concello son o Viñao, o Barbantiño e o Cardelle.
Historia
A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Partovia, dependente da xurisdición do mesmo nome, e á súa vez dependente do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios cartos que foron investidos en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos, e introduciuse na vida política liberal da comarca.
[editar] Cultura
No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).[editar] Festas
- Festa do polbo - 2º domingo de agosto
- Festas de setembro
[editar] Deporte
O club máis importante da cidade é o Carballiño FS que milita na Primeira Nacional "A", a terceira categoría en importancia do fútbol sala español. O Carballiño FS é un dos clubs con máis afluencia de espectadores da categoría.O Clube Deportivo Arenteiro é o club de fútbol da cidade e xoga na Rexional Preferente Sur de Galicia.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Carballiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario