25 may 2011

arzua

Xeografía
Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.

[editar] Gastronomía

Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a Feira do queixo.

[editar] Feiras e festas

En Arzúa celébranse sendas feiras mensuais, os días 8 e 22; mais existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como pode ser a Feira do Queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:
  • Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
  • Feira do cabalo : 3 de xullo.
  • Feira de artesanía : 22 de xullo.
  • Primeira Feira dos Cans de Caza : último domingo de setembro.
  • Segunda Feira de Cans de Caza : primeiro domingo de outubro.
  • Feira do Capón : 22 de decembro.
A parte de feiras, no concello existen outras xornadas, de lecer, importantes, como pode ser o Día das Letras Galegas como o Día da Galiza Mártir. Como tamén:
  • Festa do Roscón de Pascua: en Arzúa o sábado de Pascua.
  • Festa dos Botes: Arzúa, Arzúa o segundo domingo de agosto.
  • Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
  • Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
  • Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
  • Festa das castañas: no Rendal, o 31 de outubro.
Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:
  • San Sebastián, en Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
  • San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
  • As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
  • Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
  • Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
  • Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
  • Corpus Christi,
  • Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
  • San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
  • San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema o 29 de xuño.
  • San Paio, en Preguntoño e Figueiroa o 26 de xuño.
  • Santa Margarida en Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
  • Nosa Señora do Carme,
    • en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
    • en Figueiroa o 1 de agosto.
    • en Santa María o domingo seguinte ó 15 de agosto.
    • en Pantiñobre o 27 de decembro.
  • San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
  • Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
  • San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
  • Santa María, en Arzúa, Dodro, Castañeda e Rendal o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
  • Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
  • Festa da Mota,
    • en Santo Estevo do Campo
    • San Bartolomeu - Mota Pequena o 24 de agosto
    • San Mateo - Mota Grande o 21 de setembro
    • San Simón o 28 de outubro
  • San Salvador, en Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
  • Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
  • Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
  • San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
  • Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
  • San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
  • O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
  • Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
  • Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
  • San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
  • Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
  • Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.

[editar] Galería de imaxes


Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.

[editar] Lugares de Arzúa

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arzúa vexa: Lugares de Arzúa.

[editar] Parroquias


Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Arzúa
Arzúa (Santiago) | Boente (Santiago) | Brandeso (San Lourenzo) | Branzá (Santa Locaia) | Burres (San Vicenzo) | Campo (Santo Estevo) | A Castañeda (Santa María) | Dodro (Santa María) | Dombodán (San Cristovo) | Figueiroa (San Paio) | Lema (San Pedro) | Maroxo (Santa María) | A Mella (San Pedro) | Oíns (San Cosme) | Pantiñobre (Santo Estevo) | Rendal (Santa María) | San Martiño de Calvos de Sobrecamiño (San Martiño) | Santa María de Arzúa (Santa María) | Tronceda (Santa María) | Viladavil (Santa María) | Vilantime (San Pedro) | Viñós (San Pedro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario