Os primeiros poboados nas desembocaduras dos ríos Tambre e Traba foron creados hai uns 5.000 anos. Desa época consérvase o dolmen de Argalo, do período megalítico. Do período castrexo consérvanse restos do castro da Barquiña, a orixe primitiva de Noia. Coa romanización de Galicia creáronse pontes sobre os dous ríos, que foron reformadas na Idade Media, e das que xa non se conservan restos.
Na Idade Media o porto marítimo tivo moita influencia na expansión económica da vila, que dependía da mitra compostelá. Durante o século XIV Noia foi adquirindo a actual configuración urbana, e levantáronse as murallas, a fortaleza de Tapal, os hospitais e reedificáronse varias igrexas, como a de Santa María e San Martiño.
Houbo varios enfrontamentos entre os señores feudais e o Arcebispado. Durante a Revolta Irmandiña os campesiños destruíron a fortaleza de Tapal. Finalmente, os señores acabaron vencendo e obrigaron aos Irmandiños a reconstruír torres e castelos.
Durante o século XVI houbo un renacemento económico e cultural, con novas construcións e a creación de feiras e mercados de gando. En 1585 Filipe II vendeu a vila a un comerciante xenovés buscando fondos para os seus proxectos bélicos, iniciándose un período de decadencia que continuou até o século XVII. No século XVIII a fidalguía mediaba coa igrexa para subarrendar as terras ao campesiñado, obtendo grandes ingresos, cos que se construíron pazos, como o de Argalo ou o de Bergondo. A finais dese século asentáronse na poboación industrias derivadas da mar.
A comezos do século XIX Noia separouse do Arcebispado. En 1846 tivo lugar na vila parte do levantamento militar provincialista contra o presidente Narváez, levado a cabo polos mártires de Carral, que conlevou unha época de represalia do goberno que levou a moitos noieses ao exilio e a emigración.
[editar] Patrimonio histórico-artístico
- Muralla, da que só se conserva un resto no dique de Cadarso.
- Igrexa de Santa María a Nova, do século XIV, en estilo gótico mariñeiro, cunha ampla mostra de máis de cincocentas laudas sepulcrais desde o século XIV ó XIX.
- Igrexa de San Martiño, do século XVII.
- Pazo Dacosta, de 1339.
- Pazo do Forno, do século XV.
- Cruceiro de Eiroa, do século XVIII, na parroquia de Barro.
- Ponte Nafonso, sobre o Tambre.
[editar] Festas
- 25 de abril (prolóngase tres ou catro días) - Festas na honra de San Marcos. Destaca a feira de gando e maquinaria agrícola.
- 16 de xullo - Virxe do Carme. Destaca a procesión organizada pola Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia.
- 3º fin de semana de xullo - Feira medieval. Ambientación medieval no casco medieval da vila.
- 24 de agosto (prolóngase 5 ou 6 días) - Festa de grande afluencia na honra de San Bartolomeu. Destacan as verbenas, os concertos e o espectáculo pirotécnico.
[editar] Lugares de Noia
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Noia vexa: Lugares de Noia.[editar] Parroquias
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Noia | |
|---|---|
| Argalo (Santa María) | Barro (Santa Cristina) | Boa (San Pedro) | Noia | O Obre (Santa Mariña) | Roo (Santa María) |
[editar] Noia na cultura popular
- Os zapateiros de Noia/ valen pouco e van a menos,/ venden cento por un carto/ como un plato de xurelos.
- Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros. [3]
- Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso.
- Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Noia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario