11 may 2011

islas de ons

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 6 km de lonxitude, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.
Pola súa riqueza natural e paisaxística, a illa de Ons é unha das compoñentes, xunto ás Cíes, Sálvora e Cortegada do primeiro Parque Nacional de Galiza. Mais Ons posúe tamén unhas características socio-histórico-etnográficas que xunto coa súa arquitectura popular mariñeira e a súa excelente gastronomía, convértena na illa máis interesante do parque nacional.

Índice

[agochar]


Illa de Ons dende o espazo

Illa de Ons dende Castiñeiras


 

Caracterización xeográfica A illa de Ons forma parte dun arquipélago popularmente coñecido como As Ons, pertencente ó concello de Bueu. O arquipélago está composto ademais pola illa de Onza, situada ao sur, e por varios illotes esparexidos por todo o seu perímetro, entre os que se pode mencionar:
  • A Freitosa, o maior deles, xunto co seu illote xemelgo A Freitosa de Terra, ámbolos dous moi preto da costa suroeste da illa.
  • O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma, trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
  • O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. Trátase dun farallón rochoso cunha característica forma de dente canino (cairo en galego).
  • A Laxe do Abade, preto do peirao. De valor histórico por posuir no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
  • A Pedra do Fedorento, ao sur da illa.
  • A Illa do Xuvenco, ao norte.
  • O Con dos Galos, e outros de menor tamaño e importancia.
A illa ten 6 km de longo por 1,5 de ancho e 414 hectáreas de superficie. Esténdese do Norte ao Sur, en posición perpendicular á ría de Pontevedra.
A costa da illa diferénciase na súa ribeira oriental (a que mira á ría) e a occidental, aberta ao mar; esta está moi recortada, con dúas grandes enseadas (a de Bastián de Val ao norte e a de Canibeliñas ao sur) destacando numerosos illotes e farallóns; trátase dun litoral enteiramente formado por cantís. A costa oriental é rectilínea e relativamente baixa, e é alí onde se atopan as praias da illa e onde está o núcleo poboacional.

Illa de Ons vista dende Fedorentos da illa de Onza.
A orografía da illa é amesetada, cunha sucesión de elevacións de cumios chans que conforman páramos de toxo e carrasqueira. A máxima elevación atópase no Alto do Cucorno, vértice xeodésico de 128 metros de altura, xusto onde se sitúa o faro. Entre os outeiros aparamados ábrense pequeños vales que a miúdo coinciden coas enseadas que penetran na súa costa occidental. As outras elevacións da illa atópanse no Alto da Freitosa (97 metros) e no Alto da Altura (77 metros), ao sur; e no Alto da Cerrada (103 metros) e o de O Centolo (86 metros), ao norte.
A illa carece de correntes de auga continuas mais a pesares diso é rica en abondosos regatos estacionais, en fontes e en acuíferos. Esta abondosidade de augua doce foi un dos motivos que permitiron o estabelecemento de poboación estábel. Están catalogadas un total de 9 fontes e 7 mananciais; todas as aldeas que se esparcen pola illa contan polo menos cunha fonte de augua potábel.

[editar] Poboación

No ano 2005 habitaban na illa permanentemente 61 persoas, observándose un enorme baixón poboacional con respecto a mediados do século XX, cando chegou a estar habitada por 530 persoas (ano 1953). Aínda así, os datos actuais supoñen tamén unha certa recuperación se os comparamos cos de finais da década de 1980 (en 1986 a illa contaba tan só con 16 habitantes).
As causas desta sangría demográfica hai que buscalas no propio illamento do enclave e nas consecuentes dificultades de comunicación co continente, a falta de servizos médicos e sanitarios, a dificultade de conseguir permisos para a construción de novas casas (ao que se une a imposibilidade de converterse en propietario), a falta de enerxía eléctrica, a pesar da instalación dun xerador que funcionaba soamente unhas poucas horas ao día (hoxe en día este problema está practicamente solucionado), etc.
A poboación da illa distribúese polo lado oriental da mesma, dende as ladeiras dos páramos ata a costa. Distribúese en 9 aldeas, que oficialmente están agrupadas nun único núcleo de poboación chamado xenericamente Ons. As nove aldeas da illa son as seguintes:

Faro situado na Illa de Ons.
  • O Curro, capital da illa, é a aldea máis poboada. Nela atópase o peirao, os restaurantes, os bares e a igrexa de San Xaquín.
  • O Caño é a continuación de O Curro, xunto á pista que sobe ao faro.
  • O Cucorno é a aldea máis grande en extensión e unha das máis poboadas. É tamén a máis alta da illa, pois ocupa a montaña onde se sitúa o faro, baixando pola súa ladeira.
  • O Laverco é tamén unha aldea alta situada xunto a O Cucorno, arredor do faro.
  • O Centolo ou O Sentulo, a máis setentrional de todas, está composta por unhas catro ou cinco casas situadas no extremo setentrional da illa, nunha zona bastante alta.
  • Melide, cerca do Centolo, cara o faro. Moitos illanos consideran esta aldea como formante da do Centolo, pola proximidade e por non contar máis que con tres casas.
  • A Chan da Pólvora fórmase por media ducia de casas un pouco desviadas da pista que sobe ao faro. Nesta aldea sitúase o cámping da illa.
  • Canexol, cara o sur da illa, na ribeira do mar. Nela atópase o cemiterio.
  • Pereiró, trátase da aldea máis meridional da illa, e unha das máis grande. O seu territorio é dos máis fértiles da illa. Atópase detrás da praia do mesmo nome.
No verán, a maioría dos illanos que emigraron ao continente (sobre todo á península do Morrazo) regresan á illa para pasar a tempada estival nas súas casas da illa de Ons; moitos incluso regresan xa na primavera. Pódese afirmar, polo tanto, que a illa posúe maioritariamente unha poboación estacional, sendo moi baixo o número de veciños que permanecen nela todo o ano. A poboación de Ons sobrepasa o medio millar durante o verán, e a isto hai que engadirlle os centos de visitantes diarios da illa máis os campistas que nela pernoctan.
Evolución demográfica da illa de Ons (1900 - 2005)
19001910193019401950195519601970197519862000200120022003200420052007
2992763754214355304643701951658596261636171

[editar] Clima

O clima de Ons, como o das Illas Cíes, acusa unha certa diferenza co resto das Rías Baixas, ao ser máis seco, máis soleado e máis ventoso. Sen embargo, as precipitacións medias anuais da illa seguen sendo relativamente elevadas (1.200 mm). A temperatura media é de 14,6ºC. O seu clima adoita calificarse como mediterráneo subhúmido cunha forte tendencia atlántica.

[editar] Fauna

Entre a fauna destaca a colonia de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) que cría nos cantís máis inaccesíbeis, e cuxa poboación na illa representa xunto á das Illas Cíes o 25% da poboación mundial. Nos cantís e illotes da zona norte tamén habita a gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e a gaivota escura (Larus fuscus). O arao dos cons (Uria aalge) desapareceu da illa nos anos 60; na actualidade, atópase en vías de extinción. En 1989 só quedaban 2 ou 4 parellas nas Illas Sisargas, 15 ou 20 no Illote Vilán de Fora (A Coruña) e 1 ou 2 nas Illas Cíes. Na illa de Ons tamén pódense atopar algunhas das poucas parellas de Choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax) que aniñan no litoral galego. Entre as aves rapaces destaca a presenza do miñato común (Buteo buteo), o gabián (Accipiter nisus), e o azor (Accipiter gentilis). Entre os réptiles destaca a serpe de escaleira (Elaphe scalaris) e o lagarto ocelado (Lacerta lapida).
Por outra parte, a illa é un importante enclave de descanso das aves migratorias, e os seus fondos mariños poúen unha gran riqueza.

[editar] Flora

Aínda que no pasado probabelmente Ons contaba con masas arbóreas de bidueiros e de cerquiños (Quercus pyrenaica) na actualidade non queda case presenza delas, tan só algún bidueiro preto das fontes, debido ós incendios continuos consecuencia da histórica rebeldía dos illanos. A vexetación arbórea actual constitúena algúns piñeirais, un eucaliptal preto da praia de Melide, algunhas árbores froiteiras e algunha acacia. A maior parte da illa está cuberta por mato, principalmente toxo, tamén Armeria maritima e Angelica pachycarpa. Nas praias destacan dúas especies fixadoras de dunas: feo de praia (Ammofhila arenaria) e Agropyrum junceum.

[editar] Historia

A Illa xa estaba habitada na Idade de Bronce, como puxeron de manifesto os numerosos achádegos de materiais desta época atopados por toda a superficie isleña. Existen dous castros, o de Castelo dos Mouros e o da Cova da Loba; un sepulcro antropomorfo e restos do que puido ser o Mosteiro, o hábitat monacal da Illa.
A primeira referencia histórica data do ano 899, na que foi doada ao Cabildo Compostelán polos reis Afonso III o Magno, Ordoño II e Afonso V.
No século XVI, aparece a familia Montenegro como dona da Illa, ao serlle cedida polo Arcebispo Gaspar de Zuñiga y Avellaneda, o que se pode comprobar polos documentos existentes no Museo de Pontevedra do foreiro pagador a Don Antonio Sarmiento Montenegro. Este asentamento viuse obrigado a fuxir a comezos do século XVII polas aterradoras incursións cara a costa dos corsarios norteños e piratas turcos. Con posterioridade foi pasada en herdanza ós descendentes de Montenegro, que gozaron da súa propiedade ata o ano 1810 cando a Xunta Provincial de Armamento e Defensa da provincia de Santiago ordena defender a entrada da Ría de Pontevedra. Para sufragar os enormes gastos, decidiuse dividir a Illa en Accións de Primeira Clase a aqueles que a quixesen traballar tendo que pagar un canon a modo de xuro.
Despois dos conflitos entre a Igrexa e a Nobreza, saldouse a favor do Marqués de Valladares, o que permitiu a instalación dunha fábrica de salga nos arredores do peirao, o que produce un cambio na economía da Illa. Trala decadencia do salazón en 1929, é cando toma un novo rumbo a Illa, sendo vendida a Manuel Riobó por 250.000 pta, quen forma nela unha Sociedade Mercantil dedicada ao secado e comercialización do polbo. Ata o ano 1936 goza dunha década de benestar e prosperidade, xa que o gran número de polbos e o dominio dos illanos na arte da pesca e da dorna os converte no principal punto de referencia cando se fala deste cefalópodo nas Rías Baixas.
En 1936, co estourido da Guerra Civil e polas súas ideas políticas o entón dono da Illa Didio Riobó, é buscado e perseguido, polo que toma a decisión de suicidarse, quedando os illanos dende ese momento nunha situación de abandono e incertidume sobre o seu futuro e as súas propiedades na Illa.
A Illa é expropiada no ano 1941, polo Ministerio da Guerra, e foi pasando a través dos anos dun organismo a outro, Colonización, Icona, Irida ata que finalmente no ano 1984 foi transferida á Xunta de Galiza.
Hoxe constitúe un ben de dominio público, pero cunha situación veciñal aínda pendente de resolver, mentres que os veciños reclaman o dereito á súa propiedade das casas que eles e os seus antepasados construíron, o goberno autónomo adícase a realizar un estudo xurídico para solucionar esta insólita situación.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Illa de Ons

No hay comentarios:

Publicar un comentario