25 may 2011

gondomar

Xeografía
Encóntrase no Val Miñor, entre a serra do Galiñeiro e a ribeira do río Miñor, preto de Vigo e das praias de Nigrán e Baiona. Dá cara á ría de Baiona, estando bordeado polo Pico Castelo e o monte Couxo.
Máis da metade da superficie está destinada a uso forestal, destacando o cultivo de piñeiros, xunto coa flora autóctona en fragas de carballos e castiñeiros. O clima é de temperaturas suaves, con máximas en xullo e mínimas en xaneiro, así como precipitacións elevadas.

[editar] Historia

Os primeiros restos humanos datan do paleolítico inferior, coma os máis de 200 útiles de cuarcita tallada atopados en Chan do Cereixo. En Chaín hai un dolmen, e en Pedra Moura hai petróglifos podomorfos e naviculares. Tamén hai gravados no monte de Santo Antón. Da cultura castrexa data o castro de Xián. No lugar de Cristo María atopáronse machadas de bronce. No monte de San
Hai restos da calzada romana Per loca maritima, mencionada no itinerario de Antonino.
Na idade Antiga estableceuse o poboado de Gundemaro, que segundo o Padre Sarmiento e outros autores, deulle nome ao concello.
En 1149 Áurea Bellida doou unhas terras nas que Afonso VII autorizou a construción do mosteiro de Santa Baia das Donas, convento feminino da orde de San Bieito.
En 1616 Diego Sarmiento de Acuña comandou a defensa de Baiona e do Val Miñor ante os ataques do pirata Drake, polo que Filipe III lle concedeu o título de conde de Gondomar. En 1623 intercedeu, xunto con outros nobres, na adxudicación por parte do rei do voto do reino de Galicia nas Cortes de Castela. Así mesmo, axudou a lograr a concesión da Escuadra de Galicia, que defendía a costa do ataque de piratas e apoiaba a flota do Cantábrico.
Na guerra contra Portugal durante o reinado dos Austrias a vila de Gondomar foi arrasada polos exércitos veciños.
Durante a guerra da Independencia Española os habitantes de Gondomar colaboraron na reconquista de Vigo.

[editar] Patrimonio

A igrexa de santa Eulalia de Donas ten a súa orixe no Mosteiro de Santa Baia das Donas. A igrexa de Peitieros é de orixe románica, pero foi reformada nos séculos XVIII e XIX, mantendo da construción orixinal os muros e a fachada. Nesta mesma parroquia hai un cruceiro, onde se reunían os representantes das distintas parroquias da comarca para parlamentar.
O Pazo do Conde de Gondomar ten a súa orixe no século XIV, sufrindo con posterioridade numerosas reformas. Outras casas grandes son o pazo de Pampillón e o de Villarés, na parroquia de Vilaza, e o Pazo de Mendoza, en Mañufe.

[editar] Galería de imaxes


Artigo principal: Galería de imaxes de Gondomar.

[editar] Lugares de Gondomar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gondomar vexa: Lugares de Gondomar.

[editar] Parroquias


Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Gondomar
Borreiros (San Martiño) | Chaín (Santa María) | Couso (San Cristovo) | Donas (Santa Baia) | Gondomar (San Bieito) | Mañufe (San Vicente) | Morgadáns (Santiago) | Peitieiros (San

No hay comentarios:

Publicar un comentario