25 may 2011

mondariz

Xeografía

Mondariz ten unha superficie de 85,8 km². Está situado ao suroeste da serra do Suído, no sur da provincia de Pontevedra. Limita ao norte con Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, ao leste con Covelo, ao sur coa Cañiza e Salvaterra de Miño, e ao oeste con Mondariz - Balneario, Ponteareas e Pazos de Borbén.
Está surcado polo río Tea, que forma un val moi pronunciado. Os seus afluentes máis importantes son pola dereita o Caraño, Alén e o Aboal (tamén chamado Asaar), e pola esquerda o Lougariños e o Xabriña. O cumio máis alto do municipio é o Coto de Eira, de 881 m.
O concello ten 12 parroquias, sendo dúas delas (Queimadelo e Vilasobroso) entidades locais menores.

Demografía

No ano 2009 tiña 5.259 habitantes, pero a poboación está moi diseminada en núcleos reducidos e distantes entre si. As zonas urbanas máis consolidadas son a vila que dá nome ao concello, e Vilasobroso, catro quilómetros ao sur.

Historia

Na Idade Moderna as terras pertencían ao señorío de Sobroso. O marquesado de Sobroso foi concedido por Filipe IV de España o 18 de maio de 1625. Durante o reinado de Afonso XIII, os veciños da parroquia de Vilasobroso solicitaron constituírse como entidade local menor, sendo recoñecida como tal polo pleno municipal o 13 de setembro de 1924.
A parroquia de Queimadelos solicitou constituírse como EML durante a II República, sendo recoñecida o 21 de febreiro de 1935.

Patrimonio

Castelo de Sobroso


Artigo principal: Castelo de Sobroso.
O castelo de Sobroso está xunto ao monte Landín, nas inmediacións do concello de Ponteareas. Desde el divísase o sur do Condado e o val do río Miño alén da fronteira con Portugal. Ten a súa orixe no século XII, en 1130.

Ponte románica de Cernadela

Ponte de Cernadela.
Está situada na parroquia de Riofrío, no lugar de Cernadela, sobre o rio Tea. A construción servía de paso cara ás diferentes feiras. Augas arriba existe unha praia fluvial.

Escudo

Sobre cartela, escudo medio partido e cortado: 1º: En campo de prata unha fonte de ouro aclarada de azur. 2º: En campo de azur un monte de sinople, sumado todo el dunha muralla de ouro mazonada, sumada pola sinistra da torre e outra muralla. 3º: En campo de azur unha ponte de tres arcos apuntados. Acolado da cruz de Santiago. Ó timbre coroa real pechada.

Lugares de Mondariz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz vexa: Lugares de Mondariz.

Parroquias


Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz
Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

No hay comentarios:

Publicar un comentario